publicidade hoxe

Sober acolle o sábado 4 de xullo o XI Festival de Bandas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local organiza xunto coa Banda de Música de Sober o XI Festival de Bandas Concello de Sober. As actuacións terán lugar o vindeiro sábado 4 de xullo ás 18:00 horas no Centro Sociocultural. No festival van participar a Banda de Música de Sober e a Banda de Música Isabel II de Touro.

O rexedor, Luis Fernández Guitián, convida a todos os soberinos e soberinas, así como á xente da Comarca e aos que estes días visitan a zona a participar nun dos eventos con maior tradición da localidade.

Escola Municipal de Música

A Escola Municipal de Música de Sober vén de abrir o seu prazo de matrícula, que se prolongará ata o día 6 de xullo. A presentación oficial do curso farase en setembro, mentres que as clases darán comezo a primeira semana de outubro. 

A Escola da clases de frauta traveseira, bombardino, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, percusión, piano, batería, guitarra e linguaxe musical. Tamén se ofertan ensinanzas de música en movemento a partir dos tres anos e música para adultos, así como a posibilidade de formar parte do coro. 

O centro formará grupos instrumentais e os alumnos e alumnas poden participar na banda xuvenil.

30 de xuño de 2015 | 12:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.