publicidade hoxe

Sesión extraordinaria do pleno muncipal de Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

De acordo á sesión EXTRAORDINARIA do PLENO MUNICIPAL, que tivo lugar onte no Salón de sesións da Casa Consistorial, aprobáronse as seguintes propostas contidas na orde do día:

PROPOSTA DE NOMEAMENTO DE REPRSENTANTES DA CORPORACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS

Neste caso procedeuse á designación de representantes da Corporación nos seguintes órganos colexiados:  no Consello Escolar – titular María del Mar Rey Pérez ou concelleiro en quen delegue-, na mesa de Comercio Local –órgano novo pendente de nomear representante- , a Mancomunidade voluntaria de Arousa para o mantemento do matadoiro –titular Maria do Pilar Martínez Troncoso ou concelleiro en quen delegue-, na Asociación Ruta do Viño Rías Baixas –titular: María do Pilar Pérez Troncoso ou concelleiro en quen delegue-, no Grupo de Desenvolvemento Rural –titular: María do Pilar Martínez Troncoso ou concelleiro en quen delegue-, no Pacto Territorial de Emprego do Salnés –titular: María do Pilar Martínez Troncoso ou concelleiro en quen delegue- e na Fundación Monte Castrove, na que Juan Carlos Esperón Prado confórmase como titular.

Por outro lado, na Mancomunidade do Salnés, propúxose e aprobouse a designación de David José Castro Mougán (Alcalde-Presidente), de José Ramón González Lede e de María Salomé Peña Muñiz como membros da Xunta da Mancomunidade.

PROPOSTA DE DEDICACIÓN EXCLUSIVA DA ALCALDÍA

Tamén foi aprobada a proposta de dedicación exclusiva do Concelleiro de Obras, Servizos e Urbanismo; Servizos Sociais, Terceira Idade e Sanidade, Enrique Oubiña Lago; e a dedicación parcial do Alcalde, David José Castro.

Polo tanto, e tendo en conta a cantidade de servizos existentes, o constante incremento da poboación e os proxectos que a nova Corporación ten previsto desenvolver, o Pleno Municipal aprobou a proposta pola cal se designa dedicación exclusiva do Concelleiro de Obras, Servizos e Urbanismo; Servizos Sociais, Terceira Idade e Sanidade, Enrique Oubiña Lago, cunha asignación anual de 33.500 euros distribuídos en 14 pagas  (un importe neto mensual aproximado de 1.800€). Por outro lado, o alcalde David José Castro Mougán, desígnaselle dedicación parcial cunha asignación anual de 20.500€ anuais, distribuidos en 14 pagas ( un importe neto mensual aproximado de 1.200€).

DESIGNACIÓN DOS MEMBROS DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL E TENENTES ALCALDES

Tendo en conta que a Lei Reguladora das Bases de Réxime Local esixe ós Concellos con poboación superior a 5.000 habitantes a formación dunha Xunta de Goberno Local, a sesión de Pleno aprobou onte a designación dos seguintes concelleiros como membros da Xunta:

– María del Mar Rey Pérez: Primeira Tenente Alcalde.

– Enrique Oubiña Lago: Segundo Tenente Alcalde.

– José Ramón González Lede: Terceiro Tenente Alcalde.

– María do Pilar Martínez Troncoso: Cuarto Tenente Alcalde.

 

23 de xuño de 2015 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.