publicidade hoxe

Sesión de showcooking en Malpica o sábado 20 na praza o lado do Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMalpica de Bergantiños
A-
A+

O sábado 20, ás 12:00 h.,  instalarase un posto de cociña en directo na praciña o lado do Concello, no que un chef experimentado preparará 3 pratos con base mariñeira coa premisa “Cociña de km 0.” Isto quere decir que os produtos utilizados sexan materia prima que se atopa nas costas próximas á localidade, que ten grandes cupos de captura e sexa asequible a tódolos bolsillos.

Os asistentes poderán aprender as receitas e sorprenderse coa súa sinxela eleboración e exquisto sabor a baixo coste.

Para levar a cabo esta acción proporcionarase:

-Un chef con experiencia en este tipo de actividades.

-Un axudante / camarareiro, que servirán como apoio para cociña e repartirá os pratos aos asistentes (40 degustacións por prato)

-Materia prima de primeira calidade para elaborar as 3 receitas. 

 Ademais os participantes levarán un obsequio do Grupo de Acción Costeira da Costa da Morte.

20 de xuño de 2015 | 10:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.