publicidade hoxe

Seis equipos participarán no II Torneo de Baloncesto de base en Cervo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

Un total de seis equipos de benxamín e alevín de Cervo e Burela participarán mañá sábado no II Torneo de Baloncesto de base que organiza o Concello durante todo o día. Un evento deportivo que reunirá a uns 70 nenos e nenas na praza dos Campos, onde se desenvolverá a competición, agás en caso de chuvia, que se desprazará ao pavillón municipal da Veiga. Ao remate, previsto para as 19 h., farase entrega de trofeos e medallas. 

O Concello apostou por organizar o torneo de baloncesto na praza dos Campos, ao igual que o ano pasado, co obxectivo de “fomentar o deporte de base “ e ao mesmo tempo “facer visible esta disciplina para seguir promovendo a súa práctica”, asegura o alcalde de Cervo en funcións, Alfonso Villares. 

Da mesma maneira, con este evento tamén se fomenta “a actividade no noso concello, nos espazos públicos, sacando o deporte á rúa”, tal e como vén facendo o Concello con outras actividades, como é o caso das Noites Alternativas, que todos os anos convocan a unhas 500 persoas practicando diferentes disciplinas ao aire libre. 

“Eventos deportivos coma este conseguen atraer a moitas persoas e dinamizar o noso concello, algo que sempre é positivo para o noso tecido comercial e empresarial”, remata Villares. 

12 de xuño de 2015 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.