publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Sanidade espera coñecer os resultados sobre a intoxicación en Laxe este venres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxePortada dereita
A-
A+
Europa Press

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, asegurou que este venres esperan coñecer os resultados das análises químicas e microbiolóxicos para poder determinar as causas que provocaron a intoxicación de varios xóvenes da comarca de Santiago que pasaban un fin de semana no municipio coruñés de Laxe.

“Faltan aínda resultados e comentáronme que ata o venres non teremos todas as analíticas”, afirmou este mércores Rocío Mosquera a preguntas dos medios durante un acto en Pontevedra. Os responsables de Sanidade esperan por estes datos para poder actuar en consecuencia e establecer as medidas de prevención adecuadas ao tipo de intoxicación producida, que variarán segundo sexa de orixe química ou de tipo microbiolóxico.

“Temos que esperar porque hai que ter todos os datos encima da mesa para tomar decisións”, insistiu a conselleira de Sanidade durante unha visita aos laboratorios do Hospital Provincial de Pontevedra antes de participar nunhas xornadas técnicas.

O pasado domingo foron atendidos media ducia de mozas no Punto de Atención Continuada (PAC) de Ponteceso cun cadro de vómitos, diarreas e episodios febrís tras consumir unha carne adquirida en Santiago de Compostela.

17 de xuño de 2015 | 13:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.