publicidade hoxe

Salvaterra de Miño atópase á cabeza da promoción e apoio ao sistema educativo do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

Xa son moi coñecidas varias das accións deste Concello a prol da educación do seu municipio con iniciativas tan importantes como as becas de estudio, onde o Concello dota con equipos informáticos aos mellores expedientes de primaria e secundaria e premia aos tres mellores estudiantes de bachiller con unha bolsa de viaxe a  Inglaterra para perfeccionar o seu  inglés con todos os gastos pagos; o proxecto Salvaferro e diferentes actividades conxuntas que se realizan con todos os centros educativos co fin de incentivar aos nenos e nenas do municipio e traballar cos coles e IES co fin de buscar proxectos atractivos para eles.

Mostra dese traballo conxunto e inquietude do propio Concello co fin de que os estudiantes saian o mellor preparados ao mundo laboral, dende o Concello de Salvaterra nace esta nova iniciativa, un CURSO INTENSIVO DE CHINO que se desenrolará do 2 de xullo ao 27 de agosto, martes e xoves de 10.00 a 12.00h, na Casa de Cultura de Salvaterra.  Este curso será impartido por unha profesora nativa, titulada e con experiencia en clases na Universidade de Vigo. Está dirixido a nen@s de 1º e 2º de Bacharelato e 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, con prioridade para Bacharelato, por estrito orden de inscrición. Para anotarse no Rexistro do Concello, en horario de 09.00 a 14.00h, do 16 ao 24 de xuño.

16 de xuño de 2015 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.