publicidade hoxe

Roberto Rey Martínez toma posesión do cargo como alcalde de Frades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Pleno da toma de posesión

Pleno da toma de posesión

Roberto Rey Martínez tomou posesión como alcalde de Frades para os vindeiros catro anos durante un acto celebrado esta mañá nun salón de plenos cheo por primeira vez na lexislatura. “A ver se a xente se anima e vén máis ao resto de sesións”, apuntou Rey Martínez tras ser elixido alcalde cos oito votos a favor do Partido Popular, mentres que os 3 concelleiros do BNG apoiaron ao seu candidato, Xosé María Pérez Lagos.

Roberto Rey agradeceu o respaldo obtido polos veciños e veciñas de Frades nesta primeira vez na que encabezaba unha lista electoral e mencionou especialmente tanto á súa familia, presente na sesión, como ao traballo realizado polos concelleiros e militantes do seu partido. Rey Martínez comprometeuse a “gobernar para todos os veciños e veciñas de Frades” e tendeu a man ao BNG para traballar polo benestar da veciñanza. “A miña porta sempre estará aberta tanto para a oposición como para os veciños e veciñas de Frades”, apuntou. 

Roberto Rey animou aos concelleiros que se estrean nesta lexislatura, “espero que veñan tempos mellores e teñamos unha boa lexislatura”, e agradeceu tamén o traballo realizado polos concelleiros que abandonan este ano a corporación, en especial a Miguel Prado Patiño, alcalde de Frades os últimos 25 anos.

Corporación

Así, a corporación municipal de Frades para os próximos 4 anos queda constituída do seguinte xeito:

Roberto Rey Martínez (alcalde). PP

María de los Ángeles Álvarez Carro. PP

Jesús Miguel Prado Cea. PP

Jesús Francos Sánchez. PP

Ramón Garabato Boga. PP

Óscar Botana Rúa. PP

Manuel Ferreiro Marzoa. PP

Juan Carlos Portos Bra. PP

Xosé María Pérez Lagos. BNG

Nelly Iglesias Rey. BNG

Lorena Suárez Pardo. BNG

As 5 novas incorporacións da corporación con respecto a 2011 son: Jesús Miguel Prado Cea, Jesús Francos Sánchez, Óscar Botana Rúa e Juan Carlos Portos Bra. (PP) e Lorena Suárez Pardo (BNG).

13 de xuño de 2015 | 20:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.