publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Rescatan a un home tras caer nunha cascada en Celanova ao intentar salvar ao seu can

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanovaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Un home foi rescatado polos bombeiros tras caer na fervenza de Fontelo, situada no municipio ourensano de Celanova, ao intentar salvar o seu can, que se precipitara dende o alto desta.

   O home fracturou unha perna ao rodear a catarata en busca dun atallo que lle levase ao animal, tal e como explicaron os bombeiros do parque comarcal de Celanova que, tras salvar o ferido, procederon a rescatar o can.

   Foi o propio ferido quen alertou ao CAE 112 Galicia sobre as 22,30 horas da noite e explicou que non se podería mover. O home atopábase nunha zona de difícil acceso para os servizos de rescate.

   Ante estas cuestións, o persoal do 112 Galicia puxo en marcha un operativo no que participaron, ademais dos Bombeiros, a Garda Civil, Urxencias Médicas e Protección Civil de Celanova.

   O home foi trasladado polos servizos de emerxencia a un centro hospitalario, mentres que os seus familiares se fixeron cargo do animal.

7 de xuño de 2015 | 11:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.