publicidade hoxe

Representantes da embaixada de EE.UU visitan a Adega Valdés de Vedra para coñecer de preto os seus métodos de produción

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

A agregada de Agricultura da Embaixada dos Estados Unidos en España, Rachel Bickford, visitou esta tarde a empresa de Vedra Adega Valdés, co obxectivo de coñecer de primeira man os seus métodos de produción como mostra da calidade e das potencialidades do sector vinícola galego.

Esta visita enmárcanse dentro dunha viaxe a Galicia da representante de Estados Unidos impulsada pola Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, para abrir novas oportunidades de negocio para as empresas agroalimentarias galegas, dentro da cal se celebraron diferentes encontros e visitas a empresas do sector.

Adega Valdés é reflexo da vocación e traballo da familia Valdés, propietaria desde hai máis de 30 anos de vinte hectáreas de viñedos a beiras do río Ulla. No ano 2001, coa ampliación da Denominación de Orixe Rías Baixas a esa zona, fúndase a actual adega, que xunta tradición familiar coas máis vangardistas técnicas de elaboración vitivinícola. Os seus viños responden a un traballo que aposta pola calidade e o bo facer na elaboración dos mesmos.

En concreto, Adega Valdés conta cos seguintes viños amparados pola marca de garantía Galicia Calidade: “Da viña Galega”, “Gundián”, “Inmortal”, “Mayor de Gundián”, “Señorío de Rozadela” e “Xiradella”, caldos con importantes recoñecementos a nivel nacional e internacional.

Galicia Calidade conta na actualidade con once adegas certificadas, das cinco Denominacións de Orixe: Adega A Coroa, Adega dos Eidos, Adegas Tollodouro, Bodegas Nairoa, Bodegas Ruchel, Castro Baroña, Gargalo, Quinta do Buble, Regina Viaurm e Vilarvín, ademais de Valdés.

11 de xuño de 2015 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.