publicidade hoxe

Remodélase a fonte de auga de Cabreiroá en Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+
Remodelación da fonte

Remodelación da fonte

O Concello de Verín finalizou a actuación de rehabilitación da fonte de auga de Cabreiroá, situada na parte traseira da planta embotelladora do mesmo nome.Devandita remodelación levou consigo a colocación dunha pérgola no manancial, na que se conxugou os elementos naturais co aceiro cortén para adecuala ao espazo no que está situada. Esta adecuación ten por obxecto facilitar o acceso dos/as augüistas á fonte, converterse nun complemento da área recreativa da Braña, situada ao seu carón, e consolidarse como un dos espazos deportivos e de lecer do municipio.

Esta nova pérgola conxuga materiais nobres -como pedra, herba e madeira- co aceiro cortén co fin de integrarse co entorno natural no que está situado, e subliñar as características e peculiaridades propias desta auga mineromedicinal. A mesma, ademais dun área para a recollida da auga, conta con bancos para sentarse converténdoa nun refuxio de sombra e descanso.

Novos espazos comunitarios

Por outra banda, nos últimos días finalizáronse as obras de construción do centro social de Tamagos, onde o Concello de Verín encargouse da adecuación da área externa, coa colocación de xogos biosaudables, parques infantís e zonas de barbacoa. O mesmo será inaugurado este fin de semana, coincidindo coas festas patronais da localidade.  Tamén se están a concluír as zonas de barbacoa nas localidades de Mandín e Tamaguelos.

4 de xuño de 2015 | 20:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.