publicidade hoxe

Preséntase o IV Campus S.D. Xove F.S. de Fútbol Sala Mixto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesXove
A-
A+
Presentación do campus

Presentación do campus

Hoxe tivo lugar a presentación do  IV Campus Fútbol sala Mixto  nun acto celebrado ás 12:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Xove. Neste acto de presentación participou o Alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, acompañado por Directivos da S.D. Xove F.S. O Alcalde, na súa intervención, expresou a súa satisfacción pola posta en marcha deste importante evento deportivo, mostrando o apoio do Concello á S.D. Fútbol sala Xove  á celebración do campus.

O  Campus  de Fútbol sala Mixto celebrarase do 6 ao 10 de Xullo, ambos os incluídos, e está dirixido a nenos e nenas que queiran gozar durante 5 días do fútbol sala e de múltiples actividades lúdicas, que estarán supervisadas e dirixidas por profesionais titulados no ámbito deportivo e da educación. A día de hoxe, cabe destacar que máis do 60% das prazas xa están cubertas. Na edición deste ano os monitores terán como apoio durante o campus aos xogadores profesionais IAGO BARRO (porteiro do Pozo de Murcia) e SILVIA AGUETE (xogadora do Poio Pescamar, da 1ª División Feminina), así como a outros moitos ilustres convidados.

16 de xuño de 2015 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.