publicidade hoxe

Preséntanse as actividades de verán para os cativos de Soutomaior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

O  Alcalde de Soutomaior  Agustín Reguera e o delegado de deportes Paco Iglesias, presentaron hoxe as actividades de verán 2015. A inscrición está aberta desde o vindeiro luns día 8 de xuño ata o día 20 e poderanse realizar no Concello, Pavillón Multiusos e Biblioteca.

Estas actividades, só para empadroados no Concello de Soutomaior, está previsto que reúna desde o 1 ata o 31 de xullo a máis de 350 nenos e nenas entre 3 e 15 anos. As prazas son limitadas por grupos.

A parte das actividades clásicas de vela, esqui,acampada, festa da bicicleta,talleres, etc. haberá novas actividades como “Xeocaching” (proba de orientación por GPS), Taller de Coctelería sen alcol, mergullo,etc.

Os participantes terán tamén diversas saídas como , entre outras, á Casa do queixo (Grixalba) , Muiños dá Barosa (Barro),ou a granxa escola Casa dá Terra.

O festival de clausura, coa proxección do vídeo das actividades, será o sábado 1 de agosto ás 21,30 horas no Peirao de Arcade.

5 de xuño de 2015 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.