publicidade hoxe

Portos de Galicia investirá 348.000 euros na instalación dun pantalán en Moaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMoaña
A-
A+
José Juan Durán na visita ao peirao do Con

José Juan Durán na visita ao peirao do Con

O presidente do ente público Portos de Galicia, José Juan Durán, visitou esta mañá o peirao do Con, no porto de Moaña, para supervisar o comezo inminente das obras de colocación dun pantalán para a flota mexilloeira e pesqueira ao que se accede a través da estrutura existente e unha pasarela/rampla. O investimento é de 348.536 euros. Está previsto que nos vindeiros días se inicie a dragaxe da zona, onde se emprazará o pantalán.

As obras derívanse da necesidade de aumentar a capacidade de atraque en zona abrigada, coa colocación dun pantalán de 60 metros, aproveitando a propia dársena. Esta actuación suporá a creación de 30 novas prazas, das cales 14 serán para bateeiros e o resto para embarcacións menores. Estas obras tamén inclúen unha dragaxe duns 1.300 metros cúbicos de material que garanta un calado de dous metros para adecualo ás condicións das embarcacións.

A estrutura estará construída en formigón. Cada módulo, dos tres que levará, serán de 3 metros de ancho e 20 metros de lonxitude. Tamén se modifica o pantalán mexilloneiro, sendo necesaria a retirada dun pilote e un módulo de 12 metros para posteriormente colocalos nunha posición oblicua á orixinal que se amplía cun novo módulo de dez metros. A pasarela/rampla de acceso terá dous metros de ancho. As obras inclúen tamén brazos de amarre que mellorarán a seguridade e a comodidade dos usuarios de embarcacións menores pesqueiras.

12 de xuño de 2015 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.