publicidade hoxe

Ponte Caldelas pon en marcha un operativo de roza e limpeza nos camiños da zona rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Tarefas de desbroce en Ponte Caldelas

Tarefas de desbroce en Ponte Caldelas

Operarios municipais contratados no último plan de emprego impulsado polo Concello continúan cos labores de roza e limpeza de camiños en todos e cada un dos lugares que compoñen co municipio. Os traballos comezaron por Baltar e prolóngase por Laxoso, A Insua, Regodobargo, zonas do polígono de A Reigosa, Aluncía e Xustáns para continuar nos vindeiros días por Santa Ana e Vilarchán actuar por completo en cada un dos 32 lugares do concello.

O equipo de goberno, seguindo as suxestións e indicacións dos diversos colectivos sociais, procedeu a ordenar unha limpeza completa de tódolos camiños veciñais a través de brigadas coordinadas para realizar  un plan de roza que permita eliminar gran parte da maleza que afecta aos distintos viais municipais de uso por parte dos veciños nos seus desprazamentos cotiáns.

ATENCIÓN PRIORITARIA A TODOS E CADA UN DOS LUGARES

A intención do goberno local é reorganizar os efectivos destas brigadas de limpeza co fin de que as zonas do rural estean perfectamente atendidas e o seu radio de acción se amplíe o máis posible xa que, segundo os veciños, “antes so se limpaba a correr para o día da festa e xa non volvíamos a ver a ningún operario de limpeza do Concello ata o ano que ven cando na vila estaban continuamente tódolos días”, sinalaron. 

Precisamente para atender esta demanda, o equipo de goberno e o novo encargado das brigadas municipais de limpeza deseñaron un amplo operativo de limpeza que redistribuíu os efectivos e prioriza a atención de todos e cada uno dos 32 lugares do concello, con incidencia especial nos camiños de titularidade municipal no ámbito rural, sen esquecer “como é natural” os traballos de mantemento e limpeza no centro da vila, sinalaron desde o equipo de goberno local.

30 de xuño de 2015 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.