publicidade hoxe

Ponte Caldelas contrata a pista de pádel para completar o complexo deportivo de Chan da Barcia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O Concello de Ponte Caldelas adxudicou á empresa CPA Obras e Proxectos a construción dunha pista de pádel ao aire libre nuns terreos municipais existentes entre o pavillón e a pista de tenis ao aire libre o que permitiría acondicionar este espazo, agora en terra, e completar a oferta municipal en materia de infraestruturas deportivas existentes na zona de Chan da Barcia, no centro urbano.

A pista de pádel ao aire libre, que conta cun orzamento duns 49.000 € dos cales 33.054 € son subvencionados pola Xunta, construirase na área deportiva de Chan da Barcia, terá un uso gratuíto para os veciños do municipio, tal e como ocorre coa de tenis. Ademais complétase tamén o acondicionamento de todo o resto do terreo agora en terra cun formigón raiado, que mellorará a imaxe de toda a zona, grazas ás melloras ofertadas pola empresa adxudicataria. A obra executarase este verán e trátase da última obra adxudicada neste mandato.

O alcalde en funcións de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez destaca que esta actuación supón completar o complexo deportivo existente en Chan da Barcia, que foi totalmente renovado nos seus anos como alcalde cun campo de fútbol de herba sintética, pavillón deportivo municipal completamente reformado e pista de tenis recentemente acondicionada, ademais dunha pista multideportiva e un parque biosaludable situado na zona verde anexa ao río Verdugo, xunto á pasarela de madeira.

12 de xuño de 2015 | 12:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.