publicidade hoxe

Ponte Caldelas acolle unha charla sobre o programa de garantía xuvenil para Concellos de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Charla sobre garantía xuvenil

Charla sobre garantía xuvenil

Hoxe, ás 12:00 horas, D. José Manuel Fortes, da oficina de apoio ao emprendedor de Vigo impartiu, na casa da cultura, a primeira charla do programa de garantía xuvenil para os concellos de Galicia, cun total de 25 asistentes.

A  iniciativa partiu da axente de emprego e desenvolvemento local do concello, quen considerou fundamental ampliar a información aos/ás potenciais beneficiarios/as do programa, sobre os trámites de inscrición no mesmo e as iniciativas de cara a fomentar a empreabilidade dos/as desempregados/as. Anteriormente xa enviara aos/as mesmos unha carta con díptico informativo sobre o programa e os/as asesorara  sobre a forma máis áxil de inscrición.

O citado Programa vai dirixido a mozos e mozas maiores de 16 e menores de 25 anos (30 anos en caso de persoas cun grado de discapacidade igual ou superior ao 33%), empadroados no territorio nacional español. Ademais destes requisitos os/as interesados/as en participar neste Programa deberán cumprir cos seguintes:

– Non ter traballado nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude de participación no Programa.

– Non ter recibido accións educativas de mais de 40 horas mensuais nos 90 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude de participación no Programa.

– Non ter recibido accións formativas de mais de 40 horas mensuais nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude de participación no Programa.

– Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

As accións programadas dentro do Programa de Garantía Xuvenil abarcan: orientación laboral, formación, prácticas non laborais en empresas, incentivos ás empresas para a  contratación, axudas ao emprendemento, entre outras.

O Concello de Ponte Caldelas solicitou, xunto cos concellos de  A Lama e Fornelos de Montes un Obradoiro de emprego dirixido a este colectivo, polo que, no caso de que a Consellería de Traballo e Benestar conceda a subvención, só poderán optar a ser alumnos/as do mesmo os mozos e mozas desempregados/as que xa estean inscritos no Programa.

23 de xuño de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.