publicidade hoxe

Pazos de Borbén abre o prazo para solicitar as axudas para o pago da factura da electricidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

Os Servizos Sociais do Concello de Pazos de Borbén acaban de abrir o prazo para solicitar as axudas económicas para o pago da factura eléctrica, a través do ticket eléctrico social, correspondente ao segundo semestre de 2014 e o primeiro semestre de 2015. As axudas, convocadas polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), están dirixidas ás familias na que convivan fillos menores de 18 anos e nas que a suma dos ingresos totais da unidade de convivencia non superen en 1,5 veces o IPREM, (9.585.149 euros).

O ticket eléctrico social consiste nunha axuda directa de 90 euros semestrais para as familias que cumpran os requisitos, e 150 euros no caso de familias numerosas. A presentación das solicitudes para a concesión do ticket eléctrico poderase realizar por medios electrónicos, a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (www.sede.xunta.es), e desde a páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.es). Así mesmo, as persoas que non teñan acceso aos medios tecnolóxicos poderán realizar este trámite a través dos servizos sociais do Concello de Pazos de Borbén. O prazo de presentación de solicitudes comeza hoxe e estará aberto ata o próximo 15 de setembro.

O Instituto Enerxético de Galicia resolverá a concesión das axudas no prazo dun mes contando desde o día seguinte á data da súa presentación.

1 de xuño de 2015 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.