publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Outro cabeza de cartel do PP na provincia de Ourense dimite antes de tomar posesión tras perder as eleccións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Barco de ValdeorrasOurense
A-
A+
Europa Press

O cabeza de lista do PP do Barco de Valdeorras, Moisés Blanco, súmase á nómina de concelleiros electos populares que dimiten antes de tomar posesión da súa acta, despois de que os socialistas de Alfredo García lograsen a maioría absoluta o pasado domingo 24.

Así, ademais de Blanco Paradelo, as alcaldesas dos municipios ourensáns de Sandiás e Ramirás, históricas entre os rexedores do PP, decidiron deixar as súas actas como edilas antes de formar parte da oposición dos seus concellos, tras perder as eleccións que gañaban desde fai case 40 anos.

Tras coñecerse a decisión do aínda deputado, o presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, manifestou o seu “agradecemento polo intenso traballo político e a campaña desenvolvida por Blanco, un gran activo do PP na comarca de Valdeorras e na provincia”.

Ademais, Baltar agradeceu o xesto de Moisés Blanco de “porse ao carón na liña municipal despois de non alcanzar o obxectivo” de gobernar, na que supón a terceira vez que o candidato concorreu ás eleccións municipais.

Aínda que se puxo a disposición do partido, Baltar dixo que Moisés Blanco “continuará” no labor orgánico e político, xa que foi “reelixido co 100 por cen dos votos emitidos polos afiliados populares para continuar dirixindo o PP barquense como presidente local”.

“PARTE FUNDAMENTAL DO PP”

Ademais, o barón provincial popular destacou que o labor de Blanco seguirá tamén sendo “parte fundamental” do PP na provincia de Ourense, como membro do seu comité de dirección.

No ámbito institucional, Manuel Baltar cualificou o labor de Moisés Blanco no Parlamento como “extraordinaria e enriquecedora, representando á comarca de Valdeorras e a toda a provincia de Ourense na Cámara autonómica, defendendo sen descanso os intereses xerais dos ourensáns”.

Finalmente, Baltar trasladou a súa “felicitación” a todo o partido no Barco, pola “campaña exemplar que levaron a cabo”, e manifestou a súa “plena confianza no grupo municipal popular do próximo mandato”, que “traballará sen descanso polo futuro” do municipio.

5 de xuño de 2015 | 20:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.