Os xóvenes de Touro teñen ata o 3 de xullo para anotarse aos Campamentos de Verán
Os nenos e mozos do Concello de Touro teñen ata o vindeiro venres, día 3 de xullo, para incribirse nos Campamentos de Verán que organiza o propio Concello. Este ano serán na Illa de Ons (Bueu) do 18 ao 29 de agosto. Os nenos e novos interesados poden dirixirse ao Concello de Touro para apuntarse.