Os veciños de Touro viaxan de excursión a Lugo
Un grupo de 60 veciños e veciñas de Touro visitaron o pasado fin de semana a cidade de Lugo, que viviu a celebración do Arde Lucus. Os excursionistas aproveitaron para coñecer o ambiente desta festa de Interese Turístico de Galicia. Tamén aproveitaron para visitar Meira, Pedregal de Irimia e Fonmiñá na viaxe organizada polo Concello de Touro. Os veciños e veciñas de Touro percorreron o centro da cidade de Lugo, onde puideron atoparse con miles de persoas caracterizadas con vestidos da época romana que lembran o ambiente de Lucus Augusti.