publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os propietarios de parcelas de natureza urbana e próximas a vivendas rurais de Curtis deberán limpalas para previr incendios forestais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

O Concello de Curtis emitiu un bando para comunicar aos propietarios de parcelas de natureza urbana ou próximas a vivendas rurais que teñen a  obrigación de limpar a maleza dos seus solares co fin de axudar a previr os incendios forestais.

O Concello lembra que o incumprimento desta obrigación levará o correspondente procedemento sancionador segundo o disposto pola normativa galega de prevención e defensa contra os incendios forestais e as modificacións derivadas da Lei de Montes. As sancións oscilarán entre multas de 100 a 1.000 euros por infraccións leves, de 1.001 a 100.000 euros por infraccións graves, e de 100.001 euros a un millón por infraccións moi graves.

Ademais, os infractores deberán facerse cargo do custo dos traballos que con carácter subsidiario efectúe a administración.

 

11 de xuño de 2015 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.