publicidade hoxe

Os bombeiros de Arteixo e de Cambre sufocan un incendio na Discoteca El Bosque

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArteixoCambreSucesos
A-
A+
Estado no que quedou o interior do inmoble

Estado no que quedou o interior do inmoble

Sobre as 6.00 horas da mañá os Bombeiros de Arteixo desprazáronse ata a parroquia de Cecebre para sufocar un lume no interior do complexo hostaleiro El Bosque, nas inmediacións do encoro. Pouco despois recibiron a axuda do Servizo Municipal de Emerxencias de Cambre e de varios axentes de  Policía Local e Garda Civil que acordoaron a zona  por precaución a pesar de que a instalación leva máis dun ano abandonada. O lume sufocouse pasadas as 9.30 horas e danou de forma grave o centro da antiga pista de baile e un almacén próximo. A instalación que xa sufrira varios roubos durante os últimos meses carecía xa de servizo eléctrico polo que as primeiras pescudas apuntan a que puido ser provocado. Sobre as 10.20 horas os dispositivos de emerxencias retiráronse do lugar tras ventilar o interior da gran cantidade de fume produto das chamas.

11 de xuño de 2015 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.