publicidade hoxe

Os alevíns da SD Abanqueiro e os benxamíns do Esteirana FC gañan a primeira edición do Torneo de Fútbol 8 A.D. Cruído

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLousame
A-
A+

Os alevíns da Sociedade Deportiva Abanqueiro e os benxamíns do Esteirana Fútbol Club proclamáronse campións nas súas respectivas categorías no I Torneo de Fútbol 8 A.D. Cruído. Un campionato disputado este sábado e que serviu tamén para poñer en servizo o novo campo de fútbol de herba artificial da Silva.

No torneo tomaron parte máis de douscentos rapaces, divididos en catorce equipos e dúas categorías. Na categoría alevín, o campión foi a SD Abanqueiro, que derrotou na gran final ao Bastavales U.D. por dous goles a un. Unha vitoria moi traballada, sobre todo tendo en conta que na fase de grupos gañara o Bastavales por un rotundo 3-0. O terceiro posto foi para o Sporting Lampón, que derrotou por 1-0 á S.D. Cabo de Cruz por 1 gol a 0.

Na categoría benxamíns, o campión foi o Esteirana FC, que derrotou na gran final ao Noia CF “A” por dous goles a un. Os locais da AD Cruído alzáronse co terceiro posto tras derrotar por dous goles a cero ao Noia CF “B”. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, foi a encargada de entregar os premios.

8 de xuño de 2015 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.