publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os alcaldes elixen por unanimidade a José Antonio Santiso como presidente do Consorcio As Mariñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAbegondoArteixoBergondoBetanzosCambreCarralCulleredoOleirosSada
A-
A+
Reunión do Consorcio As Mariñas

Reunión do Consorcio As Mariñas

O pleno do Consorcio As Mariñas reuniuse hoxe en sesión extraordinaria para a toma de posesión dos seus membros e a elección de cargos, unha vez celebradas as eleccións municipais do pasado 24 de maio. Á sesión acudiron os alcaldes de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Oleiros e Sada, e o concelleiro José Ramón Rioboo, como representante de Culleredo.

Os alcaldes, por consenso e unanimidade, elixiron a José Antonio Santiso, rexedor de Abegondo como presidente do Consorcio As Mariñas, que continuará tras estes 4 anos nos que xa exerceu como presidente. E como vicepresidenta tamén seguirá Alejandra Pérez, alcaldesa de Bergondo. 

Santiso agradeceu a confianza depositada polos seus compañeiros alcaldes para representalos desde o Consorcio. “É unha honra para min presidir esta institución co apoio de alcaldes de diferentes partidos políticos”, afirmou. 

O presidente nomeou tres prioridades inmediatas para o Consorcio neste novo mandato. En primeiro lugar, finalizar a proposta de estatutos da nova mancomunidade, en colaboración coa Deputación, a Xunta e os habilitados nacionais. Unha vez que se dispoñan convocarase a asemblea constituínte dun órgano que continuará as funcións do actual Consorcio. 

Neste mesmo sentido, os alcaldes pedíronlle hoxe a Sada que canto antes trate de aprobar en pleno a súa incorporación á mancomunidade. A intención é que poida nacer xa coa incorporación de Sada efectuada. 

E finalmente, outro obxectivo será o cambio de sede, da actual ao antigo LIGAL, sito a poucos metros. O Consorcio contactará coa Xunta para formalizar xa a cesión e así poder tramitar o proxecto de remodelación do inmoble.

Santiso explicou tamén que xa desde a mancomunidade acaba de pedir unha reunión co novo alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro. Como é normal, o presidente iniciará así as relacións co novo goberno coruñés de face a coñecer as súas ideas para a futuro da área metropolitana.

19 de xuño de 2015 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.