publicidade hoxe

Oferta de ocio para os pequenos de Salvaterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello de Salvaterra de Miño presenta as diferentes alternativas de ocio para os máis pequenos da casa, para o mes de xullo. Antes de presentar o seu programa forte, o Verán Cultural, un mes de agosto cheo de festas e actividades, o Concello ven de sacar a  programación para o mes de xullo, centrada nos máis cativos.

Diversas actividades enfocadas a diferentes idades, así os máis maiores, os nen@s de 14 a 18 anos poderán facer un curso dunha semana de cociña tradicional, nas instalacións do Parque Público A Canuda.

Para os nen@s de 6 a 13 anos termos un campamento de verán, dividido en dúas quincenas, onde se farán actividades, deportivas, culturais, xogos, etc ao aire libre, en diversas instalacións municipais. E os nen@s de 4 a 7 anos poderán participar nas actividades da biblioteca, tamén por quincena, onde se farán xogos didácticos, manualidades, lectura…

9 de xuño de 2015 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.