publicidade hoxe

O XX Asalto ao Castelo de Vimianzo contará cunha “ópera contemporánea” e unha banda deseñada histórica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

Este sábado 13 de xuño ás 20.30h terá lugar a presentación do CD Irmandiño Son e das publicacións literarias, entre elas a banda deseñada 1468. CD Irmandiño Son Co gallo do 20 aniversario do Asalto ao Castelo de Vimianzo, a asociación cultural Cherinkas en colaboración co concello de Vimianzo editan o CD de música “Irmandiño Son” O álbum desenvólvese de principio a fin narrando a historia dunha rebelión popular marcada polo amor e a desesperación. Todo isto reunindo diferentes formacións musicais con estilos tan variadas que van desde o rock até o folk, nunha especie de “ópera contemporánea”.

TEMAS:

1. INTRO: Manuel Rial feat. Ghillermo
2. Xa non podo. Animundis (Rock).
3. A dama e o cabaleiro. Suso de Quinito (cantautor).
4. Todos en formación! Fu-Gao’s (Pop).
5. Arde Soneira. Kosoco Nasera (Samba/reggae).
6. Rumba o chimpo. Banda de gaitas da A. C. Trubisquiña (tradicional).
7. Miserables. Viero Ruiz & Caamaño (hip-hop).
8. Ata a morte e máis alá. Bastardos de Rivera (garage/punk).
9. Sen temor. Ürko (Hard rock/Metal).
10. Impetum. Efra (Electrónica).
11. Vento irmandiño. Coral polifónica Lusco e fusco (Coral polifónica).
12. Todo é teu. Serj (Rock).

Haberá unha boa ocasión para escoitar o resultado nun concerto que se celebrará o venres 26 de xuño ás 22.30h na praza do Concello de Vimianzo. Banda deseñada 1468 No mesmo acto tamén se presentará as publicacións literarios desta edición. Destaca a banda deseñada 1468, do artista gráfico vimiancés Rubén Rial, que narra a o Asalto ao Castelo de Vimianzo cunha fonda documentación histórica.

O que máis chama a atención neste caso é a reconstrución da fortaleza tal e como se vía antes do derrubamento e as reformas do século XV. André, o cuadrilleiro que lidera as milicias irmandiñas do val de Vimianzo, non está de acordo coa forma coa que a Santa Irmandade pretende derrocar aos últimos redutos de tiranía que aínda asolagan parte do Reino de Galicia.

Nunha época de relativa calma, onde a Santa Irmandade goberna baixo a legalidade e os apoios concedidos polo Rei de Castela, comezan a xurdir conflitos internos no seo das propias irmandades. A clase señorial está xa moi debilitada e André, desobedecendo as ordes da Santa Irmandade, busca unha solución que non supoña o gasto inútil de vidas nunha batalla xa gañada. Pero non todo sae como el esperaba… Superstición, fe e xustiza marcan o ano 1468.

9 de xuño de 2015 | 12:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.