publicidade hoxe

O viño da D.O. Ribeiro será a mellor harmonía para o Enofest Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseRibadavia
A-
A+

O viño da D.O. Ribeiro será o mellor acompañamento para a música surf, rock e pop que soará este sábado nos xardíns das Burgas de Ourense da man da primeira edición do Enofest Ourense 2015, organizada polo Concello de Ourense para o día grande das festas ourensás.

O festival abrirá as súas portas ás 20.00 horas e tocarán os grupos The Phantom Dragsters, The Tetas Van e Villanueva, acompañados en todo momento polos viños brancos das adegas presenciais Alberte, Cunqueiro, Grupo Reboreda, Pousadoiro, Valdepuga e Villanueva. Así mesmo, durante todos os concertos, que rematarán arredor das 00.30 horas, estará dispoñible a enobarra grupal do Ribeiro con máis de 20 referencias diferentes de viños brancos atendida por sumilleres profesionais. 

Todo asistente ao festival, que poderá mercar as súas entradas anticipadas por 5€ ou en billeteira por 7€, serán obsequiados cunha copa de vidro serigrafiada así como coa primeira copa do viño Terra do Castelo Treixadura para inaugurar o Enofest. 

24 de xuño de 2015 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.