publicidade hoxe

O venres finaliza o prazo para anotarse na excursión que organiza o Concello de Touro a Lucus Augusti

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O vindeiro venres, día 5 de xuño, finaliza o prazo para que os interesados poidan anotarse á excursión a Arde Lucus, que se celebra na cidade Lugo e que organiza o Concello de Touro. A viaxe, programado para o 20 de xuño, está destinada a todos os veciños de Touro que queiran asistir á Festa de Interese Turístico de Galicia Arde Lucus, que terá lugar na capital lucense do 19 ao 21 de xuño. A cita festiva, que naceu para conmemorar a fundación da cidade amurallada, revive o pasado romano e castrexo de Lugo. Miles de persoas caracterizadas con vestidos da época romana lembran o ambiente de Lucus Augusti nas rúas de Lugo. Os veciños de Touro que se apunten á excursión poderán gozar de todo este ambiente e retroceder no tempo.

3 de xuño de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.