publicidade hoxe

O Torneo F-8 Concello de Touro recae en EF Lalín en benxamíns e para SD Cruces en alevíns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesTouro
A-
A+
Participantes no torneo

Participantes no torneo

O Torneo de F-8 Concello de Touro disputado este fin de semana levouno o equipo de EF Lalín na categoría benxamín, que cumpre a súa sexta edición, e a SD Cruces na categoría alevín, na súa oitava edición. O campo de fútbol municipal de Loxo viviu durante todo o sábado unha xornada de deporte. No VIII Torneo F-8 Alevín Concello de Touro e no VIN Torneo F-8 Benxamín Concello de Touro, organizado pola Sociedade Deportiva Touro, participaron unha ducia de equipos e máis de 150 mozos e mozas. O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, que tomou posesión durante a mañá do sábado na sede do Concello, pola tarde, entregou os trofeos en Loxo. Acompañoulle o adestrador de fútbol Fernando Vázquez. Manuel Gallego Somoza, do EF Lalín, gañou o trofeo a mellor xogador benxamín. E Nicolás Gago Verde, foi designado mellor xogador alevín do torneo de F-8.

A final da categoría benxamín disputárona o equipo de EF Lalín e o CD Conxo. O resultado: 2-1. O terceiro posto foi para EDM Curtis, que venceu 7-1 ao Cire Melide. Pola súa banda, a final da categoría alevín disputouse entre SD Cruces e EF Lalín. Gañou o equipo de Vila de Cruces cun contundente 5-0. O terceiro posto tamén foi para o EDM Curtis, que gañou a SD Touro por un 3-1. Durante toda a xornada do sábado disputáronse encontros. A entrega de premios, ao redor das 20.00 horas, estivo presidida polo alcalde de Touro, Ignacio Codesido, pola concelleira de Deportes, Adela Iglesias, e por membros da directiva da SD Touro, co seu presidente á cabeza. Tamén estivo presente o adestrador de fútbol Fernando Vázquez.

15 de xuño de 2015 | 13:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.