publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Sergas tomará as medidas oportunas de prevención cando coñeza a orixe da intoxicación alimentaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxeLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O Sergas tomará “as medidas oportunas de prevención” en canto coñeza os resultados das análises que se realizan en relación coa intoxicación de varios mozos no municipio coruñés Laxe o fin de semana tras consumir unha carne adquirida en Santiago de Compostela, segundo sinalou a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera.

En declaracións aos medios antes de participar nunha xornada de investigación biomédica en Vigo, Mosquera explicou que aínda non se coñecen os resultados das análises químicas e microbiolóxicas realizadas ás mostras tomadas da carne que, supostamente, provocou a intoxicación de varios mozos en Laxe.

“As análises levan un tempo, púxose en marcha o protocolo e estase atendendo aos mozos desde o punto de vista clínico”, lembrou a titular de Sanidade, quen reiterou que os resultados dos estudos permitirán coñecer de forma “fehaciente” a orixe e causa da intoxicación.

“SABER A ORIXE”

“Cando saibamos de que foi, teremos que tomar as medidas oportunas de prevención, pero primeiro hai que saber a orixe da intoxicación. O que hai que facer é distinto dependendo de como e de cal sexa o axente tóxico”, explicou.

Media ducia de xóvenes recibiron o domingo asistencia no Punto de Atención Continuada (PAC) de Ponteceso por intoxicacións leves mentres gozaban dunha estancia no municipio veciño coruñés de Laxe tras comer o día anterior unha carne adquirida na capital galega.

16 de xuño de 2015 | 11:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.