publicidade hoxe

O rexedor de Celanova nomea aos responsables das distintas áreas de goberno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanova
A-
A+
Reparto das áreas de goberno

Reparto das áreas de goberno

O alcalde de Celanova, José Luís Ferro Iglesias, formalizou xa as distintas áreas de goberno en base ás que funcionará o seu equipo para os próximos catro anos. Por unha banda nomeou ós distintos concelleiros e concelleiras que formarán parte da Comsión de Goberno como responsables das seguintes áreas:

– Área de Novas Tecnoloxías, Particitación Cidadá e Promoción Empresarial: D. Julio Mosquera González.

– Área de Festas, Xuventude, Familia e Actividades Recreativas: Dª. Ana Fernández Antorrena.

– Área de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Traballo: Dª. Sonia Opazo Pungin.

– Área de Educación e Deportes: D. Rubén Vieira González

Así mesmo, tamén acordou delegar de forma especial a dirección interna e xestión dos servizos que a toninuación se indican, nos concelleiros seguintes:

– Servizos de Facenda, Réxime Interior, Seguridade Cidadá, Urbanismo e PEPRIS: D. Máximo Losada Méndez.

– Servizos de Medio Ambiente, Limpeza, Parques e Xardíns e Protección Civil: Dª. María del Pilar Regueiro López.

– Servizos de Obras e Medio Rural: D. José Manuel Veites Pérez.

Finalmente, José Luís Ferro reservouse para xestionar el directamente as áreas de Cultura, Turismo e Promoción Comercial ó considerar que neses tres ámbitos serán nos que pivote o desenvolvemento económico futuro de Celanova, tal e como afirmou no seu discurso de investidura pronunciado no salón de plenos o pasado día 13.

17 de xuño de 2015 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.