publicidade hoxe

O presidente de Portos visitou as obras de reforzo do talud norte do porto de Malpica

Jose Juan Durán no porto de Malpica

Jose Juan Durán no porto de Malpica

O presidente de Portos de Galicia, Jose Juan Durán, visitou esta mañá as obras emerxencia do reforzo do talud do muro da zona norte do porto de Malpica. O responsable do ente público comprobou o estado no que se atopa esta infraestrutura despois do derrubo producido na zona en donde se realizaron os traballos iniciais de retirada de elementos inestables e protección fronte á remota posibilidade de novas caídas.

O presidente de Portos, José Juan Durán, sinalou esta mañá que ao longo deste verán poderá quedar rematada esta obra de emerxencia, que foi realizada “inmediatamente desde o instante en que se produxo o derrubo”.

Os traballos de emerxencia consistiron na estabilización do talud natural nunha superficie duns 250 metros cadrados aproximadamente, a perforación para a colocación de bulóns ata unha profundidade de doce metros na líña superior, a colocación da malla e o remate final. Non obstante será necesario seguir actuando neste tramo para poder recuperar o paso superior e o saneamento.

Na zona contigua procedeuse a mellorar a estabilidade do muro e colocar material ao pé deste para poder traballar na zona superior sen que se produza un novo derrubo. O conxunto da actuación, incluíndo a zona do derrubo e as zonas adxacentes, execútase nunha superficie total de arredor de 500 metros. O orzamento estimado desta actuación é duns 450.000 euros.

Unha vez rematada esta actuación urxente continuarase coas obras que se atopaban en execución para a mellora da accesibilidade e o tránsito rodado no entorno da lonxa de Malpica. Esta actuación conta cun investimento de 150.000 euros.

2 de xuño de 2015 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.