publicidade hoxe

O polideportivo de Lousame acolle unha clase práctica de marcha nórdica aberta a toda a veciñanza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

O polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra de Lousame acollerá mañá mércores 17 de xuño, ás 20:00 horas, a presentación dunha nova modalidade deportiva no municipio: a marcha nórdica. Unha clase práctica totalmente gratuíta e aberta a calquera veciño e veciña que desexe participar, xa que non é preciso inscribirse previamente e o único requisito é ter doce ou máis anos.

Esta sesión práctica está organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Lousame e será impartida por Ricardo Angueira Vázquez, da Asociación Marcha Nórdica Galicia. A camiñata nórdica ou marcha nórdica é un deporte de resistencia e un xeito de exercicio ao aire libre que consiste en camiñar coa axuda de bastóns similares aos usados no esquí.

16 de xuño de 2015 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.