publicidade hoxe

O home máis lonxevo de Cervo cumpre 101 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+
O alcalde de Cervo na visita ao veciño centenario

O alcalde de Cervo na visita ao veciño centenario

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil Pilar Armada visitaron esta semana ao centenario José María Rúa, que cumpriu 101 anos o día 24. Ambos se achegaron ata a súa casa en San Román para felicitalo polo seu aniversario e entregáronlle un ramo de flores como mostra de agarimo. Unha visita na que estiveron presentes tamén o seu fillo e a súa nora.

O alcalde e a edil aproveitaron a visita para interesarse polo seu estado de saúde e para falar con el, de forma que puideron comprobar “que segue tendo o mesmo sentido do humor e a mesma vitalidade ca sempre”, asegura Villares. Da mesma maneira, desexáronlle “que siga con ese positivismo e esa boa saúde por moitos anos máis”. 

José María Rúa é o home máis lonxevo de todo o municipio, aínda que non o de máis idade, que é unha muller veciña de San Ciprián.  

27 de xuño de 2015 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.