publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O home achado momificado nun armario en Sarria faleceu en 2007

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada esquerdaSarriaSucesos
A-
A+
Europa Press

O informe da autopsia preliminar determina en 2007 a morte do home achado momificado no armario dunha vivenda na localidade lucense de Sarria. Así o informou este venres o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que indicou que o home ao que corresponde o corpo momificado está identificado.

Ademais, o xulgado confirmou que os datos obtidos ata o momento en relación con este falecido indican que se trata dun suicidio. De feito, xunto ao corpo foi achada unha bombona cunha goma. O corpo foi localizado nunha vivenda abandonada desde hai uns anos cando acudiron a limpala esta semana, situada na rúa Porvir, no barrio de Lázaro, no centro de Sarria.

Fontes locais consultadas relataron que o home, procedente de Oural, ao que se cre corresponde o cadáver momificado residía só porque ten un irmán ingresado nun centro cunha discapacidade psíquica e á súa nai nunha residencia de maiores da localidade.

Como o home vivía só e “viaxaba fóra bastante”, as fontes consultadas sinalaron que crían que este se foi a Madrid hai anos”.

5 de xuño de 2015 | 13:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.