O GAC3 celebrou a segunda Xornada de Traballo FEMP 2014-2020
O Grupo de Acción Costeira “Costa da Morte” celebrou o martes día 2 de xuño a 2ª xornada de traballo FEMP 2014-2020 para a presentación de Candidaturas e Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo, na Casa do Oleiro, en Buño.
Estas xornadas son complemento dos contactos realizados pola asociación con todos os axentes do territorio de cara a preparar a candidatura aos Grupos de Acción Local de Pesca, GALP, para o próximo período.
A Asociación Grupo de Acción Costeira “Costa da Morte”, GAC3, considera importante as colaboracións e achegas dos axentes económicos e sociais do territorio para deseñar a estratexia máis eficiente de cara á constitución do novo GALP, á reunión acudiron representes de Concellos, Confrarías, Asociacións do sector de Mar, Económico e Social.
Durante a xornada debatéronse datos económicos e de poboación do territorio así como diferentes propostas de cara á estratexia da FEMP 2014-2020.