publicidade hoxe

O Conservatorio “Mestre Ibáñez” clausura o curso cun festival fin de curso no Auditorio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O Festival que clausura o presente curso 2014/15 no Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez”, terá lugar este xoves día 18 de xuño no auditorio do centro no edificio multiusos as 20:00 horas e correrá a cargo  do alumnado e profesorado do conservatorio, nas especialidades de violín, piano, guitarra, clarinete, frauta, saxofón, tuba, trombón de varas, trompeta, gaita e percusión.

As actuacións realizaranse de forma individual, a dúo, ou en pequenos grupos de cámara. Actuarán tamén os grupos de preconservatorio, escola de música, coro  e  orquesta do conservatorio. No concerto interpretaranse obras de autores clásicos e contemporaneos…,tamén pezas de autores modernos e música do folklore popular.        

16 de xuño de 2015 | 11:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.