publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Verín oferta durante xullo e agosto a iniciativa ‘Kero-Verán’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Durante os meses de xullo e agosto, a Escola de Familia Municipal programa a iniciativa lúdica ‘Kero-Verán’, destinada a menores con idades comprendidas entre os 2 e 4 anos  -os/as nenos/as non escolarizados deberán acudir obrigatoriamente cun adulto-.

A mesma terá lugar todos os martes e xoves, de 11 a 13 horas, no CEIP Princesa de España de Verín. E os/as menores participantes realizarán actividades de interacción e colaboración cos/coas seus/súas semellantes e adultos asistentes á mesma. Tratarase dun espazo de xogo e aprendizaxe que ademais de ser un espazo de conciliación familiar e laboral, converterase nun aula de convivencia na que compartir experiencias cotiás e onde potenciar actitudes como cooperación, igualdade, autonomía ou creatividade, entre outras.

Ademais de psicomotricidade, realizaranse actividades de fotografía, artes plásticas, pintura, baile ou música, entre outras.  Para participar no ‘Kero-Verán’ é necesario formalizar a inscrición no departamento de Educación Familiar do Concello de Verín (Avda. de Portugal, 11 bis), no correo electrónico educadorafamiliar@verin.net ou no teléfono 988-414776; tamén no no edificio municipal do Lavadoiro (situado na esquina das rúas Rosalía de Castro e Lavadoiro) ou no teléfono 988-411468.

A iniciativa ‘Kero-Verán’ atópase enmarcada dentro da Escola de Familia Municipal, posta en funcionamento polo departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín, e na que tamén se inclúen outras actividades como ‘ABC de Costura’, ‘Arte de Vestir’, ‘Kero-Kolo’, ‘Kero-Kedar’, ‘Kero-Kedar +’ Club de Calceta ‘Tecendo Soños’, ‘Sabedoría dos Recordos’, titoría de acompañamento sociolaboral e socioeducativa personalizada, ‘Se queres, podes’ ou accións formativas de reforzo educativo e de preparación para a obtención do graduado en ESO, entre outras. A iniciativa da Escola de Familia Municipal naceu como lugar de encontro, de formación e de intercambio de ideas, experiencias e actividades para todos/as verinenses, que incremente a sensibilización cidadá neste sentido. Está enfocada cara o desenvolvemento positivo de actividades que potencien competencias e actitudes cun carácter pragmático, con mensaxes sinxelos e claros entre as persoas participantes, na que se traballará o esforzo, a cooperación, a responsabilidade, igualdade, autonomía, respecto, aprendizaxe continuo, desexo de saber, creatividade, espírito crítico, asunción de riscos e aceptación de erros. 

10 de xuño de 2015 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.