publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Salceda únese ás celebracións da Semana LGBT

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+
Izado da bandeira

Izado da bandeira

O Concello de Salceda participa nas reivindicacións da Semana adicada á comunidade gai, lésbica, bisexual e transexual. Para iso vense de colocar a bandeira representativa deste colectivo no balcón da Casa da Cultura Castelao, na mesma Praza do Concello, que lucirá durante estes días.

Por outra banda, Salceda será o primeiro Concello da provincia de Pontevedra en celebrar un acto específico para a concienciación e coñecemento da transexualidade infantil, en colaboración con Chrysallis Galicia, a Asociación Autonómica de Familias de Menores Transexuais.  Será o domingo 28 a partires das 21:00 na mesma Praza do Concello, onde cativos e maiores poderán realizar diversas actividades encamiñadas á difusión da situación dos menores transexuais: pintar muráis, co9ntacontos, proxección de documentais…

Tal e como informan dende Chrysallis, dende aproximadamente os 2 anos, os nenos e nenas comezan a ser conscientes da súa identidade sexual, polo que a infancia trans amosa de forma espontánea a súa disconformidade co sexo asignado no momento do nacemento. Resulta fundamental para o benestar e a autoestima destes nenos e nenas que se lles recoñeza polo nome co cal se identifican e que se lles permita vestirse e comportarse de acordo coa súa identidade sexual.

Teresa Pérez, Concelleira de Benestar Social: “As Administracións públicas deben fomentar o respeto a todo tipo de condición e identidade sexual, e o Concello de Salceda vai poñer todo o que estea na nos aman para que así sexa. Non queremos que isto se quede nun día ou nunha semana específicos, senón que no día a día todas as persoas se sintan respetadas sexa cal sexa a súa condición”.

26 de xuño de 2015 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.