publicidade hoxe

O Concello de Fene abre o prazo para a reserva de praza nas escolas deportivas da Xunqueira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello, a través da Concellería de Deportes e Cultura, anuncia que o próximo 22 de xuño e ata o 29 de xuño abrirá o prazo de reserva de prazas nas escolas deportivas municipais da piscina e do pavillón da Xunqueira para o curso 2015/2016 para os veciños e veciñas de Fene que estivesen matriculados nas actividades durante o mes de maio. Para os que estén empadroados noutros municipios, o prazo estará vixente entre o 2 de xullo e o 7 de xullo. En ambos casos, será requisito presentar o carné de usuario das escolas. O lugar e horarios para realizar o trámite será as dependencias administrativas do pavillón da Xunqueira de luns a venres de 8,30 a 14,30 horas e os días 24 de xuño e 1 de xullo de 16 a 19 horas.

As actividades propostas son, entre outras, aeróbic, zumba, baile moderno, fútbol sala, pilates, baloncesto, ioga, patinaxe, natación terapéutica, pilates en piscina… Toda a programación, cos seus respectivos horarios e datas, está a disposición da veciñanza na páxina web municipal www.fenecidadan.net.

10 de xuño de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.