publicidade hoxe

O Concello de Cotobade recibirá 60.400 euros para acondicionar o contorno do río Almofrei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobadePontevedra
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres incluír nas partidas do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 o proxecto de posta en valor do contorno do río Almofrei ó seu paso por Carballedo, no concello de Cotobade, unha actuación coa que se quere recuperar e manter o valor dos recursos existentes nesta zona.

Realizaranse traballos de limpeza e roza do contorno do río, que inclúen o acondicionamento dunha senda peonil na marxe sur do leito, desde o Concello ata as inmediacións da piscifactoría, algo máis de 1 km de superficie no que tamén se habilitará unha ponte de madeira para permitir o paso da xente no cruzamento de augas que hai á metade deste traxecto.

13 de xuño de 2015 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.