publicidade hoxe

O Concello de Agolada percibirá 588.767 euros para a realización de acabados no edificio de usos múltiples

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAgoladaPontevedra
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe a concesión dunha axuda de 588.767 euros ó Concello de Agolada para a realización de remates e acabados interiores no edificio de usos múltiples. Trátase dun edificio de nova planta irregular e trapezoidal en tres niveis: semisoto, planta baixa e superior con bancadas.

A planta baixa comprende o acceso principal, a área de exposicións e o espazo destinado a usos múltiples; tamén conta con roupeiro, instalacións e aseos para homes, mulleres e persoas con discapacidade. Desde o vestíbulo central, a través dunha escaleira, pódese acceder á planta superior, con capacidade para 255 persoas sentadas.

Coa axuda hoxe concedida, que se suma a outras xa achegadas para a construción da nova dotación sociocultural, o edificio de usos múltiples de Agolada estará rematado proximamente.

12 de xuño de 2015 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.