publicidade hoxe

O campo de fútbol de Loxo acolle o VIII Torneo F-8 Alevín e o VI Torneo F-8 Benxamín no que participarán 150 rapaces

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O campo de fútbol de Loxo acollerá o próximo sábado, día 13 de xuño, o VIII Torneo F-8 Alevín Concello de Touro e o VI Torneo F-8 Benxamín Concello de Touro. O Concello de Touro, en colaboración coa Sociedad Deportiva Touro, organiza cada ano un dos torneos máis recoñecidos en toda a provincia da Coruña.

Os partidos comenzarán a disputarse ás 10.00 horas. Haberá partidos durante toda a xornada do sábado. Arredor de 150 rapaces e rapazas de equipos de toda a zona acudirán a competir ao campo de fútbol de Loxo. Está previsto que no campeonato benxamín participen os seguintes equipos: SD Touro, Escola de Fútbol de Lalín, San Mamede de Ponte Ulla, Escolas Deportivas de Curtis e Cire Melide. E no torneo de alevíns acudirán SD Touro, Escolas Deportivas de Curtis, SD Cruces A, SD Cruces B e Escolas de Fútbol de Lalín.

Os partidos, na súa fase final, terán dous tempos de 15 minutos cada un. A partir das 19.45 horas disputaranse as finais. Está previsto que arredor das 20.30 horas se faga entrega dos trofeos aos gañadores. E tamén aos finalistas. Acudirán as autoridades locales, encabezadas polo alcalde, Ignacio Codesido, e pola concelleira de Deportes de Touro, Adela Iglesias.

11 de xuño de 2015 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.