publicidade hoxe

O BNG censura que as Brigadas de Laza teñan peores condicións que as do resto do Estado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLazaLocal PortadaOurense
A-
A+
Europa Press

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, censura a situación de desigualdade que están a vivir os brigadistas de reforzo contra incendios forestais (BRIF) de Laza fronte á do resto do Estado, posto que están a sufrir unha “desvalorización das condicións laborais e salariais” por parte da Empresa de Tranformación Agraria (TRAGSA), dependente do Ministerio de Agricultura.

Así, a deputada galega no Congreso presentou unha iniciativa parlamentaria na Cámara Baixa que reclama á ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, que se “dote de condicións laborais e dignas” á brigada de Laza, e que se lle fornezan “os medios precisos”.

Nun comunicado deste mércores, Davila denuncia que a situación da BRIF de Laza “non é un problema de diñeiro”, xa que o Ministerio de Agricultura destina un orzamento de 25 millóns de euros para a contratación de traballadores das dez BRIF españolas, que contan con 545 traballadores, mentres que no caso de Laza “hai máis de medio centenar de traballadores”.

Desta forma, a deputada galega no Congreso tamén culpa a TRASGA de que os brigadistas en Laza teñan unha situación laboral que “chegue a extremos que provocan auténtica vergoña”.

PROTESTA DOS TRABALLADORES

Pola súa banda, segundo indica o BNG, os brigadistas de Laza denuncian as “baixas remuneracións, que apenas chegan aos 900 euros mensuais”.

Ademais, puxeron de manifesto que “a estas alturas non dispoñen de helicópteros necesarios para poder trasladarse aos posibles focos de incendios que se produzan, polo que están a se trasladar en coches”.

Así mesmo, no resto de España, traballadores de Brigadas de Reforzo contra Incendios Forestais tamén denuncian a precarización laboral, polo que convocaron unha folga indefinida a partir do 15 de xullo en todo o Estado.

24 de xuño de 2015 | 12:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.