publicidade hoxe

O alumnado das Escolas Deportivas de Cervo despediu a temporada 2014-2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+
Clausura das escolas deportivas

Clausura das escolas deportivas

O Concello de Cervo clausurou a temporada 2014-2015 das Escolas Deportivas Municipais na que participaron unhas 260 persoas. Nesta ocasión, dende setembro a maio, impartíronse un total de 10 actividades para público infantil, xuvenil e adulto. En concreto, para nenos e nenas ofreceuse fútbol sala, baloncesto, pequexogos, patinaxe artística, pádel e tenis; para a mocidade voleibol, e para adultos pilates, aeróbic e ximnasia de mantemento.

En canto ao acto de clausura, tivo lugar no pavillón do CEIP de Cervo, e comezou coa tradicional exhibición de patinaxe artística a cargo do alumnado desta disciplina, que ensaiou ao longo do curso. Ao remate, entregáronse as medallas aos participantes de todas as disciplinas de infantil.

Un evento que se adoita celebrar ao remate de cada temporada e co que o Concello quere “poñer en valor o deporte, e destacar o esforzo, o interese e o traballo que puxeron durante todos estes meses os alumnos de todas as disciplinas”, tal e como asegura o edil de Deportes, Luis Guillén. “A todos eles moitos parabéns por manter vivas as Escolas Deportivas e por demostrar ano tras ano que Cervo é un concello que se move e que se mantén activo”, remata.    

1 de xuño de 2015 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.