publicidade hoxe

O alcalde de Ponte Caldelas asiste ao inicio dun curso do programa Actívate para formar a menores de 35 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Visita do alcalde de Ponte Caldelas

Visita do alcalde de Ponte Caldelas

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, asistiu ao inicio do curso de deseño, planificación e desenvolvemento de actividades de lecer do Plan Actívate, da Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello, que se imparte ata o 10 de xullo no Centro Cultural.

Os 25 asistentes ao curso, todos eles menores de 35 anos de idade, aprenderán técnicas de planificación e desenvolvemento de actividades de lecer e tempo libre ao longo de 40 horas, repartidas en clases de 10 a 14 horas, de luns a venres. 

Antes de comezar o primeiro día de clase, o alcalde Andrés Díaz agradeceu a presenza dos alumnos e lembroulles o compromiso do Concello de Ponte Caldelas coa formación e a capacitación, sobre todo da mocidade, interesada en prepararse para poder acadar uns coñecementos que lle permitan ter maior capacidade competitiva para poder insertarse, no futuro, no mercado laboral. 

Andrés Díaz agradeceu tamén por anticipado aos profesores a súa dedicación e desexoulle aos participantes que aproveitaran ao máximo esta oportunidade que lle ofrece este curso gratuíto e animounos a seguir formándose cara ao futuro. 

Finalmente, a técnico local de emprego lembrou aos participantes o proceso formativo do curso onde salientou que terá unha parte teórica e outra eminentemente práctica e amena para que ao mesmo tempo que se forman podan ter unha preparación agradable e entretida.

29 de xuño de 2015 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.