publicidade hoxe

O 18 de xuño remata o prazo para apuntarse na VI Ruta Río Ulla en BTT de Touro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O próximo xoves, 18 de xuño, ás 23.00 horas rematará o prazo para que os afeccionados ao ciclismo na natureza poidan participar na VI Ruta Río Ulla en BTT, que terá lugar o sábado, 20 de xuño, a partir das 16.00 horas. A esa hora está previsto o inicio da proba, que partirá da sede do Concello de Touro, en Fonte Díaz, e que organiza o propio Concello. Os participantes percorrerán arredor de 40,5 quilómetros por plena natureza y acompañando o curso do río Ulla ao seu paso polo Concello de Touro. Tamén habrá unha ruta curta de 29 quilómetros.

Os interesados, cunha idade mínima de 16 años, poden apuntarse na web www.emesports.es. Deben abonar cinco euros e o prazo remata o próximo xoves, 19 de xuño, ás 23.00 horas. A ruta, xa consolidada no calendario de probas de BTT, ten unna calificación de dificultade técnica/física: media/alta. Tamén haberá unha ruta corta de 29 quilómetros e de dificultade técnica/física: media. O Concello de Touro, organizador da proba, anuncia que haberá premios para todos os participantes. Colaboran tamén a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, as Casas de Turismo Rural de Touro e a Imprenta Ayude de Arzúa.

Tras a proba sortearanse cinco fins de semana para dúas persoas nos siguentes establecementos hoteleiros do Concello de Touro: A Pena de Augasantas (Beseño), Casa Míguez (Quión), Pazo de Andeade (Andeade), Divina Pastora (Loxo) e Fogar de Ínsua (Prevediños).

16 de xuño de 2015 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.