publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Novas citas da campaña “Come O Mar” do Grupo de Acción Costeira Costa da Morte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxeMuxíaPontecesoVimianzo
A-
A+

 Sesión de SHOWCOOKING en Laxe o Venres 26 e Caión Domingo 28 instalarase un posto de cociña, no que o chef Adrián Felipez preparará 2 pratos con base mariñeira. Os asistentes poderán aprender as receitas, sorprenderse coa súa eleboración e degustar exquisitos pratos.

Horarios das actividades:

SHOWCOOKING “O ESPECTÁCULO DE COCIÑAR O MAR” EN LAXE Venres 26 de xuño de 10.30 a 12.00 horas.  Na praza enfronte o Concello.

SHOWCOOKING “O ESPECTÁCULO DE COCIÑAR O MAR” EN CAIÓN. Domingo 28 de xuño de 12.00 a 14.00 horas na praza da vila.

PEZQUECHEF

O xoves 25 en Muxía e Vimianzo e o martes 30 en Ponteceso, os máis pequenos poderán vivir a experiencia do Pezquechef, actividade de Come O Mar que realiza o Gac Costa da Morte. O Pezquechef é un obradoiro interactivo de cociña no que os nenos guiados por un chef, elaboraron receitas con base mariñeira e materia prima das nosas rías.

Horarios das Actividades: 

PEZQUECHEF MUXÍA, o xoves 25 de xuño, no Edificio de Servizos Múltiples de Muxía de 10:30 a 12:00 e de 12:30 a 14:00 os nenos de 5 a 12 anos, con un aforo máximo de 25 cativos por quenda. 

PEZQUECHEF EN VIMIANZO, o xoves 25 de xuño, no restaurante Pastoriza de Vimianzo de 17.00 a 18.00 e de 18:30 a 19:30 os nenos de 6 a 12 anos, con un aforo máximo de 20 cativos por quenda. 

PEZQUECHEF PONTECESO, o martes 30 de xuño, no peirao de Corme (Caseta de Redeiras) de 10:30 a 12:00 e de 12:30 a 14:00 os nenos de 5 a 12 anos, con un aforo máximo de 25 cativos por quenda. 

As inscricións son gratuitas e poden facerse no propios concellos. En Vimianzo e Ponteceso ainda quedan prazas!!!!

19 de xuño de 2015 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.