publicidade hoxe

Novas actividades para a fin de semana en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

Propostas a desenvolver nesta fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo:

Sábado 27 de xuño

• A partir das 10.00 h – Vilas (Asados) FESTA SAN PEDRO DE VILAS

• 18.00 h – Auditorio de Rianxo EXHIBICIÓN BENÉFICA DE CAPOEIRA A FAVOR DO POBO SAHARAUI. As entradas poden retirarse unha hora antes do comezo da exhibición no Auditorio de Rianxo.

Do 30 de xuño ao 5 de xullo

Tres saídas diarias 12.00, 15.00 e 18.00 horas. O VELEIRO JOAQUÍN VIETA EN RIANXO.

Rianxo: do 30 de xuño ao 5 de xullo

Boiro: do 14 ao 19 de xullo

A Pobra do Caramiñal: do 21 ao 26 de xullo

Riveira: do 28 de xullo ao 2 de agosto

PREVISIÓN DAS SAÍDAS: faranse tres saídas diarias que se repartirán no seguinte horario

– De mañá: de 12.00 a 14.00 h

– De tarde: de 15.00 a 17 h e de 18.00 a 20.00 h

DESCRICIÓN DAS SAÍDAS: as saídas consisten nunha ruta náutica pola ría de Arousa na que se dá a coñecer o patrimonio vinculado ao mar. A duración da ruta é de 2 horas máximo.

ENTREGA DE PASES / ENTRADAS: as saídas son gratuítas. As persoas interesadas terán que achegarse á oficina de turismo de cada concello (A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Riveira) para solicitar os pases/ entradas. As rutas saíran nos horarios marcados. O número máximo de persoas por saída é de 20.

25 de xuño de 2015 | 13:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.