publicidade hoxe

Nova iniciativa do Grupo de Acción Costeira Costa da Morte na Campaña Come o Mar de Mar Galaica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabana de Bergantiños
A-
A+
Participantes en Pequechef

Participantes en Pequechef

Esta mañá os nenos de Cabana viviron a experiencia do Pequechef, actividade de Come O Mar que realiza o Gac Costa da Morte. Os pequenos visitaron a Casa da Mariscadoras do Anllóns, onde foron recibidos pola presidenta das mariscadoras e puideron ver de cerca o traballo do marisqueo, os berberechos que se extraen da súa ría e o funcionamento da depuradora. A continuación realizaron un obradoiro interactivo de cociña; os nenos guiados por un chef, elaboraron receitas con base mariñeira e materia prima da súa ría.

O primeiro prato foi unha ensalada de de  berberechos cunha presentación en forma de chalana. O segundo cunha presentación en forma de barco no que a base é unha un cachelo, a vela foi un lirio fritido e un mar verde de leituga. Esta vez nada quedou no prato e moitos repetiron.

Estas xornadas que mesturan a aprendizaxe da tradición e cultura mariñeira ca gastronomía local, tratan de achegar os máis pequenos ás bondades dos produtos do mar, o seu consumo e  un mellor coñecemento das súas tradicións e raíces mariñeiras.

16 de xuño de 2015 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.